header
Proxecto Ensigna
  • Obxetivos
  • Medoloxía
  • Participantes
  • Información adicional
  • Contacto
  • Curso LSE
Accesibilidade:

CSS 2 Valido

XHTML Valido

Nivel de accesibilidade A

 

Presentación

O proxecto Ensigna ten como obxectivo empregar as tecnoloxías da información e da comunicación de última xeración para levar a cabo experiencias innovadoras no eido do ensino-aprendizaxe de Língua de Signos Española.

Trátase de desenvolver un curso piloto que se base na utilización dunha metodoloxía de ensino innovadora que favoreza a aprendizaxe de Língua de Signos Española utilizando para isto Tecnoloxías da Información e da Comunicación que favorezan a comunicación multidireccional e polo tanto a interactividade entre os usuarios finais.

Intentando polo tanto adecuar as tecnoloxías ó contorno da realidade da comunidade xorda galega, para, neste caso, favorecer a aprendizaxe da Lingua de Signos Española (LSE). Esta língua, coa utilización das TIC, debe permitir a interacción entre todos os participantes ubicados en diferentes escenarios (coa participación de persoas ointes e xordas) nas funcións propias das actividades de formación (tutorización, avaliación, aprendizaxe guiado e autoaprendizaxe, entre outras).

Participantes